domingo, 26 de mayo de 2013

do cruceiro de bargo a tras das penas


<> </>

cruceiro do bargo na encrucillada de camiños
Unha tarde soleada deste pasado e a vez tan recente inverno  fixen unha saida ca bici pola zona da peregrina, sempre que vou párome a falar con alguén, e sempre remato sabendo cousas novas sobre as lendas e non tanto desta antigua zona do rural santiagués. cando estaba a limpar a data de construcción do cruceiro do bargo,  apareceu unha señora maior: -siii, eu non sei moito(contestume a miña pregunta de si sabia porque estaba ahí o cruceiro), pero puxérono aquí para que cando baixaban cos cadaleitos non se metesen os defuntos na aldea, pois e unha encrucillada  de camiños,e aqui é donde aparecía-(referindose a santa compaña)..... contábame a señoriña emocionada. -e tamén  as señoras traian os filliños e poñianos no cruceiro e facianlle cruces polo corpo, para sacar o mal do aire...claro que ca fame que se pasaba neses aniños como non
 ian estar mal os nenos....quedou un anaco pensativa, como facendo un exercicio de memoria, e despois contoume que habia un veciño desa zona de aradas, que estivo todo un mes indo o montede tras das penas, pois dixeranlle que habia unha galiña que puña ovos de ouro e despois enterrabaos no chan........ -ovos que se sepa non atopu ningún pois morreu pobre o pobreciño, eso si deixou todo o monte cheo de buratos!!!

sábado, 25 de mayo de 2013

quero un polo de fresa

Sempre me gustou moito a eira do estanco tenda bar da escravitude, no coruñés concello de padrón. onte facendo un tramo do camiño portugués o reves, dende santiago ata caldas de reis na bici( é o que temos os autóctonos de santiago, que temos que facelo o reves... jajaja), parei alí a tomarlle algo, o sitio ten ese poder catalizador que te retrotrae a outras epocas, co chan empedrado a modo de eira  e as galiñas por alí a sua bola, sonche raras eh! unha delas estaba a mirar que polo ia mercar!!
 un frigo pie!

a capela de san amaro de forcarei

Parafraseando a anterior entrada: no pontevedrés concello de forcarei na comarca de terra de montes, na parroquia de meabia, atópase a capela de san amaro, ademais de chamar a atención por estar en ruinas, chamaa mais por atoparnos en galicia unha igrexa así, ainss!!! que pasará con esa capela cando nin o concello nin os veciños queren saber nada dela.....é unha pena, un contenedor sin contido o carón do antigo camiño dos vreeiros que atravesaba estas terras de forcarei dende ourense a santiago para entre outras cousas traer o rico viño do ribeiro a compostela. algo curioso é que a cada lado do altar maior hai duas escaleiras de caracol, cousa curiosa que non se suele atopar nos templos galegos salvo en contadas excepcións como poden ser a catedral de santiago e sin non lembro mal, tamén na capela dos milagros de amíl, no pontevedrés concello de moraña, polo que tamén pasa o rio umia como pasa por aquí por esta capela en ruinas de san amaro!


nomenclatura do faramello

Encántame con que estilazo e redundancia sinalizaban antes os lugares!!!!


miércoles, 15 de mayo de 2013

O EMBALSE DO CON



Se algunha vez os deixades caer polas terras do salnés, que reciben este nome porque antiguamente había moitas salinas nesa zona, pegade un salto, ou dadevos un pirulo como dicen los malotes adolescentes, ata o embalse do con, mais coñecido por embalse de vilagudín, no concello de vilagarcia de arousa. o embalse esta no sitio perfecto, rodeado das montañas que forman a serra do xiabre, ,alí no fondo do val, cuasi emboscado, esperando por unha visita que a verdade, ben se merece pois non todo vai ser albariños, non? jajaja

domingo, 21 de abril de 2013

A TORRE DA PENELA

A torre da penela  atòpase no coruñés concello de cabana de bergantiños, ergo parroquia de silvarredonda, ergo aldea de rioboo,  unha cabana en bergantiños, unha silva redonda e un rio bo.jajaja
e como non hay duas sin tres,ou mellor dito tres sin catro, resulta que o topónimo penela, según unha lenda, ven de que antiguamente cando alguén era perseguido, se conseguía chegar a un cruceiro que a día de hoxe esta na aldea esa, pero antiguamente estaba diante da entrada o castelo, os seus perseguidores non podian detelo. un día unha muller que era perseguida, dirixiase hacia alí para salvarse pero, collérona xusto antes de chegar e cortaronlle a cabeza, os habitantes da aldea exclamaron: pena dela!! e de ahí, certo ou non, di a lenda esta que lle quedou o nome da penela.
a día de hoxe xogando co nome si da pena dela, ver a fortaleza en estado semiruinoso, pero ainda así vale a pena penela achegarse a estas terras de bergantiños a visitala.




posta de sol na ría de muros e noia

Chegou a primavera a nosa terra, esperemos que para quedar con nos ata o veran, hai que ser optimistas!
A foto é miña, a que é unha chulada? jajaja

domingo, 31 de marzo de 2013

pegadas aztecas na ulla

Se algún día visitades o pazo de santa cruz de ribadulla en terras de vedra, quedàdevos ca fonte que hai a entrada, e a comunión perfecta entre o granito galego e a escultura azteca-maya, reminiscencias de tempos pasados, e xa si seguides hacia as antiguas cocheiras e cuadras e vedes unha recua de latinoamericanos que traballan a dia de hoxe as terras do pazo.......américa completa na ulla!
e xa si vedes o capataz cun sombreiro estilo vaquero, vara de mando na man facendo aspaventos con ela mentras me di que non se poden sacar fotos, e o marques de armada sentado tomando o sol no xardín tapado cunha manta, e a unha familia madrileña charlando moi animadamente con el, xa temos o cuadro completo polo que merece a pena a visita a este lugar. jajaja



o negocio mas visualmente impactante de ferrol


STOP, dirección prohibida, barrio da magdalena, ferrol,

a aldea perdida do roncudo

No concello de ponteceso, si ese donde naceu un tal pondal, neno, o bardo do pobo, jajaja, atópase a aldea do roncudo, por desgracia a única e ùltima aldea que se conserva tal como era a principios do seclo vinte. e todo un misterio desta costa da morte, un lugar ancorado no tempo, cheo de gatos e galiñas pero non de seres humanos, parece talmente que os veciños puxeronse todos de acordo e foronse de alí co posto. a aldea esta cuidada, parece un decorado. sobran as palabras mellor e ir a descubrila vale moito a pena!!

jueves, 20 de diciembre de 2012

MIRADOR DO MONTE BRANCO



Se hai un sitio deses que se pode decir que as vistas son espectaculares, este é o mirador do monte branco nas terras de ponteceso. o monte e unha enorme duna d area que sube dende o estuario do anllóns. a un lado temos cabana, o outro ponteceso e de frente donde o río volvese ría as terras de laxe. vale a penas se vamos hacia corme desviarnos uns metros para subir a este sitio e deixarnos ensimismar polo poder da natureza........e sinón preguntarlle a un  de ponteseso chamado eduardo, si oh o do himno galego!! fogar de breogán!

OS MUIÑOS DE CATOIRA

No pontevedrés concello de catoira nas highlands da parroquia de abalo, atòpase unha mostra etnográfica de primeiro orde. Dous muiños de vento, pero muiños muiños como os de río pero movidos polo vento, un ten o teito restaurado, pero o outro consérvase talmente como era cando ainda moia o millo desta zona do salnés axudado pola forza do bravo vento desta zona alta da arousa, os pes do omnipresente monte xiabre, que tamén ten muiños de vento pero estes non moen.... jajaja


para chegar a este bonito sitio, cunhas maravillosas vistas da ría de arousa, cumpre camiñar uns vinte minutos, hai que deixar o coche nas únicas e últimas casas da aldea, presidida por un vello cruceiro e botarse literalmente o monte. vale a pena, ánimo!!!

sábado, 10 de noviembre de 2012

a igrexa de luaña


Hai topónimos que chamán a atención por algún motivo, e tendemos sen coñecer o sitio a otorgarlles certos rasgos, a min personalmente dende que escoitei o topónimo luaña, que é unha parroquia do concello de brión meu maxín sempre me levaba a algo máxico, esotérico algo desa vella galicia lendaria. Así que un día decidín ir a luaña, as high lands de brión jajaja, e resulta que si, alí había ou ainda hai algo desa galicia máxica. resulta que na igrexa parroquial, faciase un ritual que consistía en  levar o enfermo ou posuido a igrexa, e na porta lateral facer unha cruz con alimentos e cabelo da persoa ou do animal que se quería curar, o rito tiñano que facer tres mulleres  que ninguén sabía quen eran. chamábanlles as feiticeiras. tiñan un cravo e poñiano na cruz e o enfermo tiña que dar tres voltas o redor da igrexa e en cada unha, morder o cravo(supoño que cando era de sandar un animal obviarian esta parte), despois dar unhas reviravoltas e tirar o cravo o chan e así remataba o ritual. seique unha vez, contaba a señora que estaba tuneando o interior da igrexa polas festas do patrón san xulian, que seu irmán fai anos nos tempos da posguerra e da fame, vira unha vez como as feiticeiras facian o rito sen que o viran a él, e o rapaz aproveitou cando ninguén o viu, para coller os alimentos que formaban a cruz, rosquillas, chiculate e froita e escapar con eles para darse un festín, e claro cando despois de darlle a volta a igrexa as feiticeiras e o enfermo viron que os alimentos non estaban........... imaxinádebos o susto que levaron!!!

viernes, 9 de noviembre de 2012

A FERVENZA DE CODESO

Na coruñesa comarca da ulla, no concello de boqueixón, na parroquia de codeso na aldea de ardesende, despois de pasar a capela que alí se atopa e enfilar por un desfiladeiro tuneado cunha longa escaleira de madeira e despois de andar un anaco por unha angosta congostra desas as que os raios do sol nunca nunca chegan....chégase a "non coñecida" fervenza de codeso, e digo non coñecida porque apenas ninguén a coñece. Nesta terra lévase moito iso, mil horreos pois toma ya,  que o único famosete é o de carnota, mil fervenzas, pois o mesmo, a do ézaro, e a do toxa en silleda, etc etc. habería que empezar a reinvidicar estes sitios que teñén moito encanto e pouca xente a visitalos, ou por outra parte casi mellor que sigan así sen tanto turisteo xa que así seguen conservado un aquel de misterio e sorpresa agradable donde menos imaxinas...........quen nos ía decir a nos os de compostela que ahí o carón en boqueixón a unhas pedaladas de bicicleta, teriamos esta fermosa fervenza choutando entre carballos!.

domingo, 2 de septiembre de 2012

A VIXIA DE HERBEIRA

Subindo sinuosamente dende san andres de teixido, pola serra da capelada, dirección a cariño, entre paisaxes sobrecolledoras desas que fan activar as sensacións, vendo greas de cabalos salvaxes, pradeiras alpinas, bosquetes de piñeiros  e o bravo oceano atlántico, a uns 5 kilómetros aparece unha vella construcción de pedra, exactamente no cantíl mais alto da península ibérica e solamente superado en altura por algúns fiordos noruegueses.  alí está a garita de herbeira, ou vixia, xa que antiguamente era una especie de faro mandado construir por carlos III. sobrecolle mirar a mar dende alí enriba, son 615 metros de caida cuasi cuasi vertical. Atopámonos nas terras mais vellas da vella europa. IMPRESIONANTE!

A ARBORE QUE NON É TAL

Andando por terras de oroso, visitando a igrexa parroquial de vilaromarís, despois de contemplar unha desas fermosas estampas de matrimonio maior levando a estabular o gando, chamóunos a atención unha árbore que non era árbore....ainda que parecer o parecía, o que non atopemos polo rural galego.....jajaja

é unha caseta de cemento na que naceu unha enredadeira!!!

domingo, 5 de agosto de 2012

os montes do oleiron



A menos de 15 km da cidade de santiago, atópanse os montes do oleiron. é outro mundo; ata hai poucos anos, polas suas cumes ainda corrian greas de cabalos salvaxes, a día de hoxe non sei se quedará algún. o lume do 2006 contribuiu desgraciadamente a sua desaparición.  O que ainda queda, como un contenedor sen o seu contido, e un arcaico cortello donde supoño que meterian os cabalos, unhas vistas espectaculares do val da mahia e das terras de iria flavia e unha paz que sobrecolle os sentidos.

capela fonte e cruceiro da madalena de vilouta



No coruñés concello de ames, na parroquia de tapia( a praia dos que somos de santiago e parte do extranxeiro), atópase unha curiosa fonte, desas ás que as personas dalles por otorgarlle poderes curativos( a suas augas non a fonte en si) que aquí o final o importante é o contido e non o continente....jajaja. O conxunto está composto por a susodicha fonte, que chama a atención por estar dentro dunha pequena construcción,  un cruceiro e a capela de madalena. Se vades a praia fluvial de tapia, vale a pena desviarse na zona da vilouta, e disfrutar un pouco desta mostra de etnografía popular
que non deixa de ser outro dos moitos lugares de adoración precristiá as deidades das augas, e reciclado tempo despois pola igrexa católica.


miércoles, 4 de julio de 2012

O LAVADOIRO DE BETANZOS

A vila de betanzos e deses sitios sorpresa, os que sempre que vas, descubres algo chamativo. unhas desas cousas é o lavadoiro que os irmans garcia naveira, grandes filántropos e benefactores regalaronlle o seu pobo natal.
chama a atención o seu descomunal tamaño, e a sua bonita ubicación o carón do río do que aproveitaba as augas. a falta de unha, ten duas plantas, na de abaixo están os pilóns de lavar a roupa e na de arriba os tendais para secala. se a dia de hoxe resúltanos chamativo, habería que imaxinarse a principios do século vinte!!!!

O AVÓ CHAVÍN

Semella unha enorme pata de elefante, que señorea a fermosa é recóndita paisaxe da fraga de chavín no lucense concello de viveiro, no norte da provincia de lugo, na comarca da mariña lucense occidental, na parroquia de.......jajaja
éste eucaliptus ou colito como din por santa comba, é  o mais alto e ancho da nosa terra,  ainda que en persona non o pareza, ten mais de dez metros diametro, que xa son metros!!