jueves, 14 de octubre de 2010

o muiño de caldas


Creo que se falamos de tabernas, poderiamos facer dous grandes grupos, nun poñeriamos as mais vellas, esas de serrín no chan, poster do equipo de futbol desa cidade ou vila, outro dalgún monumento dese lugar e o tipico almanaque de toda a vida pero de fai quince anos polo menos, e todas no baixo dalgun edificio, sen cousa ningunha que lle dea personalidade salvo o paso do tempo e o mobiliario e decoración minimalista que segue sendo a mesma dende que abriu a taberna, e no outro grupo poñeriamos as que sen ser tan antiguas, son acolledoras porque se atopan nalgunha vella construción de pedra, co ambiente recargado de figuras de madeira e mil cousas mais que lle dan o aspecto dun museo etnográfico.Dentro deste segundo grupo podemos meter a taberna o muiño, en caldas de reis, a carón do río Umia, un sitio chamativo para tomar un albariño, ou dous...............

o acueducto de aldan




Ademais dunha bonita ría, a parroquia canguesa de aldan, conserva unha parte do acueducto que levaba auga dende unha mina no monte, ata o pazo dos condes de aldan,e que se atopa dentro do que antiguamente eran os terrenos de caza do pazo. (tamén nos chama a atencion un castelo en miniatura rodeado dun pequeno foso, rodeado dun fermoso bosque o que a xente acertadamente chama o bosque encantado). a día de hoxe solamente podese ver un arco que chama a atención pola sua grandiosidade, ainda que as pedras non estàn casi labradas, son mais ben de perpiaño, grandes e toscas, e ata, ainda lle dan unha impresion de fraxilidade a construcción, o sobresair e mezclarse grandes pedras ciclopeas con pequenas pedriñas para tapar as xuntas que quedaban entre elas. mirando para el, si poderiamos decir que o acueducto e rústico total.

martes, 12 de octubre de 2010

as catacumbas de cuntis




Na parroquia de arcos de furcos, no concello pontevedrés de cuntis, atopase o carón da igrexa parroquial o camposanto, un de tantos, no que se mezclan o granito co cemento, a galicia bonita ca galicia fea, pero o que ten de particular este lugar,e o cementerio paralelo que se atopa literalmente debaixo do outro, o que os veciños chaman as catacumbas. Seguramente debido a masificación do cementerio o aire libre, crearon este debaixo da terra. a impresión cando accedes a el baixando unhas escaleiras e chocante, probadeo.......!!!!!!!!

lunes, 27 de septiembre de 2010

o sanatorio de cesuras




A principios do seculo vinte, contruiuse un sanatorio para tuberculosos no concello de cesuras, un concello montesío, donde según as crónicas de principio do seculo vinte, respirabase bo aire puro(xa neses tempos a contaminación daba a tabarra), e ademais está perto da cidade da coruña. o edifico e un bo exemplo de arte modernista construido en cemento todo un gran descubrimento naquela época.(din que o primer sitio donde se usou foi no parque do pasatempo) O final o sanatorio non chegou nunca a funcionar como tal e a día de hoxe solamente quedan as ruinas impoñentes rodeadas de grandes eucaliptos e piñeiros. e un deses sitios que meten respeto o entrar nel, e nos que perfectamente poderianse sacar historias de pantasmas e espiritus.......rollo cuarto milenio!!!!!!!!

o horreo de gado




Todo o mundo coñece a existencia do horreo de carnota, ou do de lira, ainda que o mais grande e o de araño en rianxo, e pouco mais, da a impresión que os demais horreos desta nosa terra do alén son todos cativos, pero por sorte sempre donde menos o esperas atopaste outro horreo XXL coma este de gado, un lugar as aforas de sobrado dos monxes, que e ben cuco. outra cousa curiosa e que o seu carón atopamos a carballeira de gado, unha enorme carballeira na que se rodaron moitas das escenas do bosque animado. Onde andará o fendetestas, jodendolle as espigas de millo o dono do horreo jajaja

domingo, 26 de septiembre de 2010

ardemil ardemil




Sempre me gustaron as estradas secundarias pq son todo un descubrimento de cousas interesantes. proba delo e a parroquia ordense de ardemil, a menos que teñas que ir a ela a drede, nunca pasarias por alí, pois se un día pasas quedarás cando menos sorprendido o atoparte


unhas estatuas mezcla de arte moderno e etonografía popular como son estas que mostro aquí, hiperrealismo rústico en estado puro!!!!!!!

a pena da moura


Nos montes do bocelo, no concello de sobrado dos monxes, atopamos a pena da moura, uns grandes penedos graníticos envoltos no misterio dende tempos inmemoriais. Nesa zona atopanse castros e algun dolmen como o do forno dos mouros. Pero o mais curioso e chamativo cando te achegas a eles e que!!!!!!!!!.................. talmente teñen a forma dunhas cachas e dun falo petreos pero en vez de o falo apuntar as cachas, parece que escapa delas jajaja

domingo, 19 de septiembre de 2010

o cruceiro de cuntis




Paseando polas aforas de cuntis, nun cruce de camiños atopase unha cruz sencilla pero con certo encanto, preto de ali hai una fonte e ali atopamos un paisano collendo auga, pregunteille se tiña algunha historia a cruz esa e todo cheo de razon dime: si tena claro, puxerona ahi porque de noite, do monte ese(sinalando un monte de ali o carón) baixaban os mortos, os mortos claro, dixenlle como se estivesemos falando de vacas ou de coches, e el continuo decindome: si, os mortos que ian para o cementerio e sinalou para outro lado hacia o cementerio de cuntis. Enantame estas charlas medio surrealistas pero a vez lóxicas de todo pola maneira de contalas da xente e porque creen nelas. o pobo galego sempre tivo unha relacion muy peculiar e próxima ca morte.

a torre de celas de peiro


A torre de celas de peiro atopase na parroquia do mesmo nome do concello de culleredo. chama a atención porque se atopa nunha zona cha, cando normalmente as torres construianse en sitios altos e de dificil acceso para asi a vez, facer de balcón privilexiado para ver todo o que pasaba e o mesmo tempo para que fose dificil tomala o asalto. Esta está en sitio cha porque se cree que facia de porta de acceso a cidade de coruña, donde a xente se queria entrar a cidade tiña que pagar, mira ti..........unha antigua peaxe medieval!!!!!!!!

a virxe de fatima santiaguesa


O rural de santiago non deixa de sorprenderme sempre que ando por el ca bici. Un sitio que me chama moito a atención e o santuario da virxe de fatima, unha pequena ornacina metida no muro de peche dunha casa de campo propiedade dun señor portugues, que un mal día tivo un accidente, e pediulle a sua virxe que o sanase, e como parece que así fói, construiulle ese santuario no muro de cerre da sua casa, para que a xente peregrine a el. A verdade é que chama atención atoparte eso alí e mais se vas por unha corredoira rodeada de carballos e de súpeto atopaste cun cartel indicando: santuario de virxe de fatima!!!!!!...... o sitio en si e un pouco de

andar por casa cunhas sillas de prastico recicladas pero......... consegue chamar a atención

martes, 7 de septiembre de 2010

O can do demo




No concello de lousame, na comarca da barbanza atopamos unha das tantas manifestacións de grandes pedras con formas zoomorfas, as que a xente antiguamente, daballes algunha clase de poder de sanación. Está coñecese co nome de can do demo. creíase que antiguamente se che mordía un can, para non coller algunha enfermidade como a rabia ou a sarna, tiñas que ir a pedra do can do demo e pasar po baixo dela. E unha pena que agora casi ninguen sabe xa non do uso que lle daban antes, sinón da sua existencia. cando nos tiramos a andar polo monte o outro día haber se a atopábamos, falamos cunha xente que estaba alí e preguntamoslle se podía ser o can do demo unha pedra que vimos con forma de cabeza de can, e que se usaba antiguamente cando che mordia algun e vai señora e di: e logo, mordecuche un can?..........encántame o punto de inocencia que siguen tendo as xentes do rural!!!!!!!

jueves, 19 de agosto de 2010

a escravitude




Saindo de padron hacia santiago, atopase o santuario barroco da escravitude, semella moito na forma da sua fachada a catedral de santiago. contan que un día, un home da zona do salnés, que era tolleito, levandoo nun carro a santiago para ver se o santiño podia facer algo pola sua enfermidade, parou a beber nunha fonte que había as aforas de padrón, e despois de beber, miragrosamente voltou a andar, e tolo de ledicia gritou: libreime da miña escravitude!!!!!!.... e despois de aquelo xa podemos imaxinar o resto da historia,.......... construiuse alí un santuario e puxeronlle o nome ese jajaja

viernes, 13 de agosto de 2010

vixia de herbeira


Os cantís da vixia de herbeira, no concello de cedeira son os mais altos da vella europa, se exceptuamos alguns fiordos noruegos. Mais de 600 metros de caida casi vertical ata chegaro bravo mar cantábrico, que dende alá enriba mais parece un grande pedazo de xelatina metálica azulada. Estamos ante a costa mais antigua de europa, na serra da capelada, donde os cabalos e as vacas salvaxes pacen a sua bola nas campas de herba e donde non debemos de pisar ningun animal pois poderia ser alguén que non foi de vivo o san andres de teixido, que se atopa uns kilómetros mais abaixo destes impresionantes cantis, e donde antiguamente o rei carlos III(o da porta de alcala... jajaja), mandou construir unha garita para vixiar a costa por si chegaba algunha armada enemiga. a garita ainda segue en pé.

o carallo do 29




Fai tempo en toda galicia, cando unha persona resultaba pesada, solian decirlle: vaille dar a lata o carallo do 29. Pois, como en todolos ditos suele haber certa parte de realidade, un dia cando andedes callexeando pola zona vella de santiago, o final da rúa travesa, quedarvos ca nomenclatura das portas, hai 28, e 1 tamén, pero non existe o 29,ainda que no lugar donde debería de estar.......... atopamonos con este símbolo petreo en forma de falo, o famoso carallo do 29

miércoles, 28 de julio de 2010

o horreo de carnota


Parece un gran vagon pétreo parado nas terras de carnota. Ademais de polo seu gran tamaño, chama tamén moito a atención polo ben labradas que estan as suas pedras. pertencía o cura de carnota, e danos a entender que tiña moita abundancia de colleita para ter un horreo dese tamaño!!!

sábado, 24 de julio de 2010




A primeira vez que fun a visitar a man e o seu cativo paraiso, o velo, veuseme a cabeza a imaxen dun tarzán costeiro, mira que facía frío esa tarde de inverno, e alí andaba solamente co seu taparabos. Cando despois de pedirnos as libretas e ver o que habiamos debuxado, sorpendeuse de que eu dibuxase o seu gato negro, e hai dinme conta que era a única compañía que el tiña no seu cativo paraiso de camelle. Fai pouco voltei outra vez a camelle a visitar o seu paraiso(non me gusta nada que lle chamen museo) pero xa non estaba man, e o sitio xa non era o mesmo.

o carteiro aereo de lugo




Se algunha noite andades de viños por lugo e mirades para enriba quizais vexades a unha persona alá no alto dun edificio debaixo dun grande reloxio. E o carteiro de lugo, que en vez de repartir polo chan debelle de molar deixar o correo nas fiestras da xente..........jajaja

viernes, 23 de julio de 2010

o cementerio dos ingleses




Perto de camariñas afundiuse a finais do século dezanove o serpent, o buque escola da armada británica. No lugar exacto do seu afundimento construiuse un pequeno cementerio que leva o nome dos ingleses. Este tramo da costa e dos mais salvaxes e desanxelados que podemos atopar hoxe en día na costa da morte. a raiz do afundimento, o goberno británico presionou para que o faro do cabo vilaño tivese luz eléctrica, e o curioso e que antes de que chegase a electricidade as casas desta zona e a casi toda españa, o faro xa a tiña.

santa eulalia de boveda







No rural do concello de lugo atópase a aldea de santalla de boveda, e nel atopámonos cunha das cousas mais misteriosas da nosa terra. Unha mezcla entre un santuario, é unha piscina termal debaixo da terra. Descubriuse a principios do século vinte, cando o enterrador estaba a cavar unha tumba e caeu dentro dos restos deste misterioso lugar, xa que se atopa a un lado do cementerio da igrexa parroquial. As paredes ainda conservan pinturas murais vexetais e animais. Probablemente teña moita relaciòn ca época romana de lucus augusti, pero a ciencia certa, a día de hoxe, ainda non se sabe que funcións desempeñaba este lugar.

as penas de rodas


As penas de rodas atópanse no chairego concello lucense de outeiro de rei. Chaman moito a atención polo grandes que son e a vez por como conseguiron quedar así, enriba doutras pedras. Se a terra cha fose unha muller,estas duas inmensas pedras graníticas serian os seus peitos... non teño costume de poñer fotos miñas no meu blog, pero esta vez pondrei unha para que se poda apreciar o grande tamaño destas duas rochas.