miércoles, 10 de marzo de 2010

capela da animas


contan que o escultor que tallou os retábulos da capela santiaguesa das animas, como non lle viña a inspiración para poñerlle rostro as esautas, cando había misa corría unha cortinae dende alí miraba a xente que asistia a ela e despois poñialle as suas caras as estatuas. cando chegou o dia da inaguración, a igrexa estaba chea de xente(desa non había futbol na tele, porque nin tele ni futbol existían....) e o descorrer as cortinas que tapaban os retábulos a xente empezou a flipar o ver que estaban alí representados, a muller que lle puxeron a sua cara a virxen maria quedaría moi contenta, ou os pais que viron que o neno xesus era o seu cativo, pero os que se viron as suas caras nas estatuas dos xudeos casi linchan o escultor!!!!!!!!!! as veces a realidade supera a ficción.

muiños de vento


Se a día de hoxe che din: muiños de vento, o momento a tua mente ben a imaxe dos muiños aeroxeneradores de electricidade que dende fai un tempo vemos en casi todos os montes de galicia. a min personalmente non é que me molesten, nin visualmente falando, é mais,teñen seu encanto, señoreando as zonas altas desta nosa terra. Pero se fai cen anos che din: muiños de vento, que? pois, viriache a mente unha imaxe como esa da foto, os muiños de vento da parroquia de Abalo, no concello de Catoira. dende alí tamén podemos ver unhas espectaculares vistas de toda a ria de arousa.

martes, 9 de marzo de 2010

cementerio civil de caion


Chama a atenciòn que nun pobo cativo coma o de caiòn, antiguo porto baleeiro, atopèmonos cun cementerio civil. pero o que chama mais a atención é que as làpidas que ten dentro teñen frases cristiàns. sería debido a falta de espacio no cementerio católico ou a que ainda que os alí enterrados eran ateos, os familiares que puxeron as frases esas non?............. a costa da morte nunca deixa de sorprenderme!!!!!!!

miércoles, 3 de marzo de 2010

a vaca espia



nunca vos ten pasado que vades por algun sitio solitario, e de repente notades que alguen os anda a observar, e mirades para o sitio de donde procede a observacion e flipades o ver que si hai alguén ali mirando para vos? a min pasoume onte pola tarde, nun paraxe solitario, cando ia na bici, notei que alguen miraba para min, pero no meu campo de vision non vin a ninguen asi que decidin mirar mais para arriba para a ladeira da montaña, e alí estaba unha vaca mostrenca, ollando para min como dicindo: de quen ves sendo ti? cheiras a cidade!!!!, e eu flipando, mirando para ela. seguin pedaleando pero non me quitaba a vaca da cabeza, asi que unha hora despois decidín volver a pasar por ali ainda que tiña que dar mais volta ca bici e!!!!!!, alí estaba sentada o carón da estrada esperando por mín. sempre que vexo unha vaca pastando no campo preguntome si serán felices.

o horreo mais grande


señoreando as terras da parroquia rianxeira de araño atopámonos co horreo mais grande de galicia, ainda que non é moi fermoso que digamos, mais parece un vagon petreo varado na finca da casa rectoral do cura de araño que un horreo. o estar nunha propiedade privada non se pode un acercar a el pero bueno, con saltar por enriba da porta asunto resolto...... jajaja(para facerlle unha foto claro está)

domingo, 28 de febrero de 2010

que fai ese no balcon


A quen non lle pasou algunha vez cando foi a coruña, e pasou por diante do balcon ese, por un instante pensar: que carallo fai o tipiño ese mirando co catalexo ese????

sábado, 20 de febrero de 2010

a rectoral de san xoan de fecha


encantame o rural de santiago. pasalle como a cidade vella, que cada día descubres algunha cousa nova que te sorprende. o outro dia, despois de confundirnos de estrada, aparecimos na capital da parroquia de san xoan de fecha, e alí de supeto apreceron as ruinas de casa rectoral. mais parecia un pazo que a casa do cura.en tempos debeu de ser unha parroquia con moitas rendas, para que o cura tivese ese semi pazo. na aldea andaba un home carretando toxo do remolque do tractor para a corte das vacas, e pergunteille si o edificio era a casa rectoral(por entablar conversa), pero o home fixose o avioneta, pergunteille outra vez, e ca man tocouse a orella como dando a entender que non escoitaba. o principio pareceume que pasaba de min, pero cando estábamos xa a marchar apareceu ali, andando despacio, con ese aire de quen sabe que esperan por el, colocouse ben o chaleco que levaba por riba do mono de traballo, meteu a man despacio nun bolsillo, sacou un pitillo e un chisqueiro e quedouse mirando disimuladamente para nos como dicindo: perguntade o que queirades, aquí estou eu. fíxonos moita gracia toda a parafernalia que fixo, paseniñamente, como pasan as cousas no rural.

viernes, 19 de febrero de 2010

embalse de portodemouros


encantame o embalse de portodemouros porque nel sucede unhas das tantas curiosidades que temos nesta nosa terra. podemos pasar do concello de vila de cruces na provincia de pontevedra, o concello de santiso na da coruña nun transbordador, e viceversa, o mellor, que como é un servicio público non nos custa nada. asi que, acercaste alí, e si o azulon primeiro(asi e como se chama o barco) está na outra orilla, premes nun timbre como si chamases o da tua casa e o momento o barco encende os motores e ven hacia ti. totalmente surrealista, ver un barco nun embalse, e mais ainda en terras do interior. sempre que vexo estas cousas asi curiosas, vénseme o mesmo pensamento a cachola, canta xentiña viria aquí solamente para poder meter seu coche dentro do azulon primeiro e pasar a outra orilla do embalse, e así potenciar o turismo nestas zonas.

a cruz que matou os grelos


a que parece que esa cruz de granito, que atopamos na estrada que vai da vila de malpica a parroquia de barizo(terra de meigas e supersticións) matou os grelos.....jajajaja

lampai terra máxica


encantame visitar sitios con encanto pola noite, sempre que teñan iluminación, claro está. visitando unha vez as terras altas do concello de teo, na parroquia montesía de santa maria de lampai, despois de visitar a capela de santa ana,acercamonos a igrexa parroquial, que formaba parte dun antiguo mosterio medieval. abrin a porta da antigua casa rectoral(encantame entrar en sitios "prohibidos")e de supeto apareceron dous cabalos, un todo de color branco e o outro todo de color negro. era unha noite fria de inverno, con lua chea, e o cabalo negro parecía a noite e o branco a lua. acercaronse os dous a min pero o negro non se deixou acariñar, mentras que o blanco si, despois de acariñaralo un pouco e falar con el, mentras que o negro guardaba as distancias e mirabame como con desconfianza, despedimonos. a porta era desas de duas follas, das que podes abrir a parte de arriba ou a de abaixo. eu cerrei a parte de abaixo pero deixei a de arriba aberta, e o momento o cabalo branco asomou a cabeza e se quedou ollando fixamente para min, e ahi percibin que ia pasar algo extraño, e así foi, o outro cabalo, negro como a noite, separou ca cabeza o branco como a lua e despois, tamen ca cabeza fechou a parte de arriba da porta. uns intres despois, as nubes negras fixeron desaparecer a lua.

lunes, 15 de febrero de 2010

ferveda de san paio


encantanme as fervenzas, o seu poder de atracción, como conseguen deixarte coma extasiado mirando para elas. perto de santiago, no concello de carballo, atopámonos ca ferveda de san paio. a auga non conseguiu erosionar as rocas nese lugar e cae en picado, deixando o seu paso unhas panorámica poderosa e enfeitizante.

miércoles, 3 de febrero de 2010

horripolis a cidade dos horreos


perdido na terra de montes, atopamos un conxunto etnográfico do mais chamativo. un conxunto de 17 horreos coñecidos como a eira da hermida. chama a atención ver tanto horreo xunto sobre todo pola dispersion xeografica de sempre de galicia. parece unha cidade de horreos, unha horreopolis(din que unha vez atoparon nun control maritimo militar un horreo desmontado en pezas e os militares creeron que era un templete grego). entre os horreos paseaba un señor maior, con rasgos de emigrante retornado, a pasar os ultimos anos da sua vida a terra que o viu nacer. o volver a atopalo na aldea falamos con el, e nos contou que estivera toda a vida emigrado en venezuela, pero que non era desta aldea sinon de outra do lado, pero que viñera a dar unha volta por esta, pois de mozo tivo aquí algunha novieta, e o dicilo o rostro dese señor maior voltou a brillar como cando andaria a mozear por esta terra de montes. despois de falar un largo rato con el e despedirmonos, apareceu como "por casualidade" unha señora da aldea(cunha bañera na man en plan disimulo) e o vela, o señor soltoulle con retranca: anda canto tempo sin vermonos rapaza. a frase esa abarcaba de tempo uns 40 anos.............

domingo, 31 de enero de 2010

santiago maxico


un dia de moi mal tempo,un peregrino que viña con prisa para chegar a misa de doce na catedral, atopouse na praza da quintana con outro peregrino que viña de tomar os viños polo franco, este o velo tan apurado lle preguntou a donde ia con tanta prisa, o outro respostoulle que chegaba tarde a misa do peregrino, e o borracho dixolle que pasase da misa que eran todo andromenenas e pamplinas do clero e que fose con el a tomarlle unha de ribeiro o franco. o outro amablemente dixolle que non, e o peregrino borracho riuse del chamandolle iluso. de repente, un raio caeu do cielo e doulle na cabeza o peregrino borracho, deixando del solo a sombra, e ahí podemos vela todas as noites cando pasamos pola praza da quintana.

que hora é


o outro dia visitando o montañoso concello de cerdedo, na terra de montes(ainda sigo sin comprender porque a xente de santiago cando busca camiñar pola montaña metense na cabeza que aquí perto non temos, cando a 40 km temos a terra de montes, terra de canteiros e de gaiteiros. o que mais te chama a atencion en cerdedo e que ata as cousas mais cativas feitas de granito teñen algun detalle especia tallado, o que lle configura un aire mais noble. tanto os horreos, como os cruceiros e ata as tumbas que te atopas non teñen nada que ver ca sinxeleza do resto da nosta terra. pero ese día, o que me chamou mais a atencion non foi o granito, senon un reloxo de parede colgado nunha marquesina do bus. aqui somos noi dados a tunear as cousas reciclando as cousas vellas que nos sobran, pero ese reloxo funcionaba!!!!!

jueves, 28 de enero de 2010

horreo tropical


Sempre que falamos de horreos vénsenos a cabeza o de carnota sempre en pique co da veciña parroquia de lira por ver cal é o mais grande. pero para min eses horreos son mais ben monumentos que construcciòns populares. o que me gusta a min de verdade è o de san martiño de ozon, no concello de muxia. ten certo encanto con esa palmeira que crece o seu caròn, tamen é bastante grande, pero é rústico total. chama a atencion que sendo propiedade da igrexa, non leva a cruz arriba, sinòn os dous pinàculos fálicos, o que nos poderia vir a decir que os curas preferian darlle as gracias as forzas da natureza antes que cristianizar o horreo(non vaia a ser que as seguintes cosechas foran malasss) costa da morte, terra de supersticións ata no clero.

muiños de rio no mar


encantame a costa da morte. cada certo tempo algo dentro de min empuxame a voltar a ela. A coñecer sitios novos e a redescubrir os xa coñecidos. asi que un gran descubrimento para min foros os muiños de cerqueda, no concello de malpica. Galicia está chea de muiños, pero estes chaman a atencion pola sua ubicacion, nunha ladeira dunha montaña que remata no mar. estan rodeados de grandes cantís, cunha paisaxe desanxelada debido posiblemente o lume e a forza do vento nesa zona. son 5 muiños que baixan casi casi ata o mar. cantas muiñadassss farianse neles nesas longas noites da costa da morte. e como sempre, en terras de malpica, unha cruz de pedra preside a paisaxe.

lunes, 25 de enero de 2010

el electricista de vilar de donas


no concello de palas de rei(din que ten ese nome por que o rei visigótico witiza tiña alí un palacio) atopamos a igrexa de vilar de donas. Un bonito templo de transicion do romanico o gótico. Para poder visitalo por dentro temos que ir a unha das casas da aldea para que antonio o electricista nos abra o templo. ainda que toda sua vida traballou de electricista, e asi cho repite sempre que pode, controla cantidade da historia da ulloa, esa comarca central de galicia, tan fascinante como descoñecida, e por ende tamen sobre a igrexa da sua aldea. coñecelo é unha desas sorpresas agradables que nos deparan as aldeas desta nosa terra. Cantas veces imos visitar algun templo destes con encanto, cargados de historia pero que por non saber que representan as escultura que alí atopamos vamonos con unha sensacion de mirar pero sen chegar a ver. o que mais chama a atencion, e unha das arquivoltas do portico de entrada a igrexa son nas que hai unhas flores de cardo, que según nos contou o señor antonio estan ali porque o templo era dunha orde relixiosa de escocia e claro para identificarse puxeronlle esas flores, que son o emblema escocés. tamen chama a atencion a figura dun canteiro cunha maza. Según nos contou, antiguamente o mestre de obras que remataba o edificio que estaba construindo tiña dereito a plasmarse nel. costoulle un pouco abrirnos a igrexa porque era noite xa, pero despois foi toda unha iniciacion coñercer o templo gracias as explicacións do electricista. vide outro dia con mais calma, que ainda quedan moitas cousas por ver, dicianos mentras alumeaba ca linterna a un anxo cun pergamino na man(ese representa o vello testamento, e o de o lado que ten o libro representa o novo) jajajaja

domingo, 24 de enero de 2010

dinamita dolmen


en el concello de malpica nos encontramos con el dolmen da pedra da arca. llama la atención ponerte a pensar que fue construido hace 5000 años por nuestros antepasados. tambien te llama la atencion la historia que dice que fue construido por una moura mientras hilaba con la rueca y amamantaba a un niño, pero lo que mas te llama la atencion es ver que la piedra que hacia de techo a ese megamonumento funerario está partida por la mitad y una de las mitades le falta. Por qué? pues gracias a un vecino que necesitaba un trozo de piedra y le metió un barreno de dinamita y se la llevó!!!!!! Asi de simple y directo el paisaniño..... aun se puede observar el hueco donde lo metió.

lunes, 18 de enero de 2010

para adelgazar: castelo de altamira


En el pueblo de vimianzo, señoreando las tierras de soneira se encuentra el castillo de los condes de altamira, una bonita y pequeña construcción que por suerte está reconvertida en un museo etnogràfico de a costa da morte. A finales de la edad media, el conde de altamira lope sanchez de moscoso, secuestró a alonso de fonseca, el arzbispo de Santiago y lo tuvo un año preso en el castillo de vimianzo hasta que el cabildo de la catedral pagase el rescate que pedía por el. dicen las malas lenguas que estuvo tanto tiempo preso por que los tacaños deanes no se avenian a pagar el rescate. Despues de que lo pagaron, y quedar libre, el arzobispo comentaba en tono jocoso que le había venido genial esa temporada de comida frugal y vida espartana para el cuerpo y el espiritu.

enanitos en portomouro


No concello de val do dubra, as aforas de santiago, no lugar de portomouro( o nome deriva de porto, que era como lle chamaban os romanos os pasos dos rios e mouros que eran os antiguos habitantes lendarios de galicia, de hai ben portomouro que se poderia traducir en ponte vella ou negra, en contraposición ca pontealbar,albar ben de alba, de blanca, que salva o rio tambre uns kilomentros mais arriba, e foi constuida xa na epoca medieval, xa que esta era unha zona de paso da costa hacia as terras de santiago) atopamos unha roca canto menos extraña e chamativa. podese ver que non é granito sinon mais ben esquisto, unha pedra moi complicada de labrar, e nela atopamos tres tumbas antropomorfas, posiblemente da alta idade media. Ata ahí todo ben, o que chama a atención bastante e que as tumbas parecen de xente de moi pouca estatura, kizais rapaces. Cando miras para elas, invàdeche unha sensacion de tristeza.