lunes, 2 de febrero de 2015

a fervenza pozo do capitan

Nas montesias terras de lousame por donde baixa encaixonado e silandeiro o vello rio san xusto, atópase esta fermosa a vez que descoñecida fervenza, chamada o pozo do capitan.
aqui a natureza reclama o seu e o vello muiño de perpiaño que fai compaña o salto de auga e a poza xa mais parece que leva ali dende sempre en vez de ser feito pola man do home.
o contrario das outras duas fervenzas que ten este rio(as de toxosoutos) esta ten un acceso bastante complicado o que as veces ata se agradece pois asi entramos nun entorno donde domina a natureza.
ainda que despois pasa o de sempre....poste a falar con algun petrucio desta zona e todos lembran gratamente cando de cativos ian bañarse a poza esta. un ata me contou que se chamaba asi pq os mozos das aldeas que estan o carón antes de ir  servicio militar a servir o capitán el rey tiñan a costume de irse a bañar neste sitio(supoño que seria no veran...) jajaja


No hay comentarios:

Publicar un comentario