viernes, 14 de octubre de 2011

santuario das ermidas













Literalmente perdido entre ladeiras escarpadas, tapizadas por viñedos dos que sae o bo viño de valdeorras e tamen o da ribeira sacra, discurre o descoñecido río bibei, neste caso polo ourensán concello do bolo. nunha destas ladeiras habia fai moitos anos unha cativa capela, dedicada a virxe. un dia o bispo de astorga(estas terras de fronteira con castela pertencen a diocesis de astorga), tivo unha enfermidade moi grave e decidiu como sempre.........rezarlle a virxe desta capela, e como por arte de maxia, sanou. como agradecemento decidiu construir este maravilloso conxunto arquitectónico que pende literalmente da ladeira, composto pola igrexa, unha escola para estudar os curas e un sorpendente via crucis no que todos os pasos contan con estatuas talladas. este sitio talmente parece unha loita para ver quen consegue algo mais sorpendente, ou a natureza que aqui mostrase en estado de gracia, ou o bispo que tamén parecía mostrarse..... se vades algun día non perder de bañarse nas limpas e cristalinas augas do tan descoñecido como fermoso río bibei. aqui non hai bar...... non vive ninguén. foi a respota directa, concisa, chea de razón e explicativa que nos deu un señor cando andabamos a buscar un pola aldea.

No hay comentarios:

Publicar un comentario