lunes, 22 de agosto de 2011

a fabrica da luz de noia





















Nun remoto lugar do próximo e accesible concello coruñés de noia, donde o río tambre xa casi se converte na ria de muros e noia, atopase o impresionante edifìcio da fábrica da luz, que como o seu nome indica, tiña e segue a ter esa función. o edifiício è de estilo modernista neo románico, de principios do século vinte, obra do arquitecto porriñés antonio palacios. o sitio é moi idílico e diferente,( pois ademais da central eléctrica ten un hotel con encanto, e unha area de lecer), abaixo de todo dun enorme cañón que non chegamos a ver, pois as suas ladeiras estan totalmente cubertas de eucaliptus; semella por veces o canón do miño, o lugar non chega a ser bonito, quedase nese intento, pois despois de todo trátase de unha central hidroeléctrica, pero ten certo encanto cautivador, polo diferente e único do lugar. rio arriba hai unha ponte colgante de ferro, e unha ruta de sendeirismo que sube paralela o río, cun tramo literalmente rochoso, polo que puxeron unhas pasarelas de madeira, ata andentrarse na tan descoñecida devesa de nimo, outro enclave máxico destas terras de noia. para chegar ata aquí hai duas opcións, unha e dende un cruce que parte da estrada de santiago a noia, e que transcurre por paisaxes totalmente desanxeladas, con vistas maravillosas da rìa de muros e os monte da serra de outes, e que despois de interminabeis curvas que meten un pouco de respeto deíxanos o caron da entrada, e a outra é dende ponte nafonso, non é tan bonita pero si mais cómoda e menos angustiosa, ainda que tamén lle chega de carallo... o dito, nun remoto lugar do próximo e accesible concello de noia.

1 comentario: