viernes, 5 de agosto de 2011

detalles curiosos

























E agora, dous detalles curiosos e simpáticos dos tantos que nos atopámos cando nos perdemos por calquer lugar desta terra do alén. un deles foi no concello pontevedrés de moaña, pero na zona da serra de domaio. alí nunha estrada que vai subindo dende a costa ata a montaña, hai un enorme poste de madeira dos de suxeitar os cables da eletricìdade de toda la life neno, como dicen en la coru, bastante rústico por certo pois ainda se lle ven os pequenos saintes das ramas, e clavado nel un cartel de color vermello, no que pon: peligro, no subir. O ver esto, o primeiro que se che ven a cabeza, ou a mín polo menos é o seguinte, mimaaaaa é un poste do cableado eléctrico, si lle puxeron este cartel de aviso, e porque a xente daríaselle por trepar polo poste arriba jajaja........... sin comentarios. e o outro foi no coruñés concello de coristanco, no bar que hai na estrada que baixa para o refuxio de verdes, estábamos tomandolle algo alí na terraza antes de baixar a visitar o lugar e de repente, foise a vista para un enorme carballo, e no seu tronco a modo de serpe negra, habia unha tuberia de prastico rematada nunha villa, que literalmente estaba incrustada na cortiza da árbore, claro o pensamento lóxico en outro sitio de españa seria: que carallo fai ali unha villa, pero como estamos en galicia, o pensamento é, funcionara? e como a curiosidade e moita, alá fomos a perguntarlle a unha señora que estaba a facer lume para asar unhas sardiñas a principios de xuño como querendo anticiparse o san xoan, e siiii, a villa funcionaba, pero como o galego non se fia do que lle dín, foi comprobar se era certo, mentras a señora das sardiñas e mais a sua filla a dona do bar rianse orgullosas por ter un carballo con villa..... e si, abrinno e funcionaba!!!!! botaba auga, pena que non botase viño para acompañar esas sardiñas jajaja

No hay comentarios:

Publicar un comentario