jueves, 28 de julio de 2011

pena corneira













A pena corneira e un inmenso espazo declarado como monumento natural que comparten os concellos ourensáns de leiro, carballeda de avia e avión. Está composto de grandes rochas graníticas e carballos. se queremos ver como era a nosa terra antiguamente este é o lugar axeitado. Grandes rochas graníticas cubertas de musgo, e rodeadas de carballos. a sensación que temos o estar alí e extraña, pois as rochas parece que teñen vida propia como as àrbores e os fentos que comparten con elas este fabuloso espazo. Parece tálmente que estamos dentro dun capítulo da novela do bosque animado. O lugar recibe o nome da pena corneira por unha inmensa pedra con forma de corno, ou de menhir, ou de falo pétreo que sobresae na zona mais alta desta serra. no 1929, un investigador alemán atopou nesta zona unha misteriosa pedra cunha inscripción na que se decía como elaborar o augardente. Realidade ou lenda? a saber......

No hay comentarios:

Publicar un comentario