martes, 12 de julio de 2011

o monte da peneda





















Señoreando o comenzo da ria de vigo, atópase o máxico monte da peneda, habitado dende a prehistoria, un cúmulo de habitación superposta que empezou sendo castro, pasou a ser fortaleza dende a que o arzebispo de santiago queria vixiar o seu grande enemigo pedro madruga(dende este monte podese ver aló en baixo, agazapado entre a frondosidade o castelo raposeiro de soutomaior), e despois pasou a ser capela, chegando así ata nosos dias. O que sempre foi e sera, e un balcon privilexiado destas terras da ría de vigo. Monte lendario, na cima atopamos unha inmensa sobreira, a arbore a que se lle saca a sua cortiza para facer os corchos das botellas de viño. E viño, froitas e cativos animais como coellos galiñas eran os que subian os veciños do viso, a aldea que queda abaixo deste monte, a modo de ofrendas para te boas colleitas. subir a este lugar entre lusco e fusco, ademais de ser unha experiencia cautivadora, e toda unha experiencia para os sentidos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario