viernes, 24 de junio de 2011

o cruceiro do bargo.



A aldea do bargo, e unha típica aldea rodeada de campos de labranza, con un nucleo de vivendas ben restauradas, como a maioría das que pertencen o concello de santiago. esta atópase o carón da peregrina, parroquia a que pertence. As aforas da aldea, atópase o castro do bargo, totalmente comido pola maleza e os eucaliptos, e xusto en fronte, donde remata a aldea, ou empeza, según veñamos ou marchemos dela, enriba dun murete de terra, atópase o cruceiro do bargo, que da a impresión nestes primeiros dias do verán, que está a vixiar ca súa mirada petrea como crecen as prantas do millo. antiguamente, o cruceiro atopábase noutro lugar, pero como casi ninguén pasaba por alí, decidiron cambiarlle o emprazamento. -Antes estaba aló en baixo ,no outro lado da leira de millo, o carón dun carballo, puxerono alí porque nese lugar un raio matou a un paisano, pero o facer a nova estrada para a aldea, os veciños pensaron que quedaria mellor aqui, e cambiarono de sitio.- así mo contou un veciño que estaba a traballar na súa inmensa leira de leitugas. Home falador, tamén me contou que na aldea vivía un veciño que uns dias antes de morrer alguén, el xa o sabía, tiña ese don ou esa maldicion, según coma se mire. antes, cando morria alguen, un veciño da aldea, era o que se encargaba de cambiarlle a roupa o difunto, pois os demais veciños e familiares non querian tocar o morto, non fose ser. Adiviñades quen era o home que na aldea do bargo encargábase desa misión?

No hay comentarios:

Publicar un comentario