sábado, 14 de mayo de 2011

o forno de santa mariña de auguasanta







As aforas da pintoresca aldea de santa mariña de auguasanta, no ourensán concello de allariz atopámonos cun lugar verdadeiramente pintoresco e chamativo. consta de duas partes, unha externa e outra interna(debaixo da terra literalmente). Tratase do coñecido como o forno da santa. Alí din que queimaron a mariña unha habitante da aldea en epoca romana por non querer ter tratos cun oficial romano. Na parte de arriba quedan non os restos, sinon o principio dun edificio a modo de templo que non chegou a rematarse, e abaixo está o forno que ven podería ser de epoca castreña, polo que discorre un cativo regato. Un sitio verdadeiramente pintoresco e porque non decilo, con certo toque de máxico.

Se vades nun dia soleado notaredes a dicotomía ceo cando estamos enriba e inferno cando cun pouco de respeto por non saber donde imos aparecer baixemos por unha das duas entradas que conducen baixo a terra literlamente!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario