domingo, 19 de septiembre de 2010

o cruceiro de cuntis




Paseando polas aforas de cuntis, nun cruce de camiños atopase unha cruz sencilla pero con certo encanto, preto de ali hai una fonte e ali atopamos un paisano collendo auga, pregunteille se tiña algunha historia a cruz esa e todo cheo de razon dime: si tena claro, puxerona ahi porque de noite, do monte ese(sinalando un monte de ali o carón) baixaban os mortos, os mortos claro, dixenlle como se estivesemos falando de vacas ou de coches, e el continuo decindome: si, os mortos que ian para o cementerio e sinalou para outro lado hacia o cementerio de cuntis. Enantame estas charlas medio surrealistas pero a vez lóxicas de todo pola maneira de contalas da xente e porque creen nelas. o pobo galego sempre tivo unha relacion muy peculiar e próxima ca morte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario