martes, 7 de septiembre de 2010

O can do demo




No concello de lousame, na comarca da barbanza atopamos unha das tantas manifestacións de grandes pedras con formas zoomorfas, as que a xente antiguamente, daballes algunha clase de poder de sanación. Está coñecese co nome de can do demo. creíase que antiguamente se che mordía un can, para non coller algunha enfermidade como a rabia ou a sarna, tiñas que ir a pedra do can do demo e pasar po baixo dela. E unha pena que agora casi ninguen sabe xa non do uso que lle daban antes, sinón da sua existencia. cando nos tiramos a andar polo monte o outro día haber se a atopábamos, falamos cunha xente que estaba alí e preguntamoslle se podía ser o can do demo unha pedra que vimos con forma de cabeza de can, e que se usaba antiguamente cando che mordia algun e vai señora e di: e logo, mordecuche un can?..........encántame o punto de inocencia que siguen tendo as xentes do rural!!!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario