miércoles, 19 de mayo de 2010

a ponte do pasatempo


Nesta ponte do barrio dos muiños de Mondoñedo, uns curas entretiveron a muller do mariscal pardo de Cela, dona xoana de Castro, cando viña de xunto a sua curmán a raiña isabel a católica co indulto do seu marido, de ahí que lle chamen a ponte así. contan as lendas que cando lle cortaron a cabeza o mariscal, rodou polo chan da praza maior repetindo tres veces: credo, credo, credo. a muller do mariscal era unha das fillas do vello conde de lemos. Despois das guerras irmandiñas pardo de Cela recomendoulle o seu sogro que haberìa que colgar a todolos campesiños dos carballos en plan escarmento, e este ca retranca que nos caracteriza os galegos respondeulle: e despois quen traballa a terra?

No hay comentarios:

Publicar un comentario