jueves, 25 de marzo de 2010

cruceiro e santa compaña


Antiguamente creìase que a santa compaña era mais fácil que aparecese nos cruces de camiños, e por ese motivo pùñanse neles os cruceiros(de ahí ven o nome cruceiro). Este da foto atopase na santiaguesa parroquia da peregrina. Cando lle estaba o outro día sacando unhas fotos, pasou un señor e cunha cara de felicidade desbordante díxome: o cruceiro e meu!!!!, puxoo aquí meu avó no ano 1889, e sinalaba a fecha ca man; entón dixenlle que os poñian nos cruces de camiños pola santa compaña, e el dixome que o avó puxerao por que por ali pasaban os mortos, cando baixaban da zona de arriba(chamoume a atencion que dixo mortos como quen di que por ali pasaban as vacas ou un gato). O pobo galego sempre tivo unha relación moi cercana ca morte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario