miércoles, 25 de noviembre de 2009

monte de viso


A xente que vivimos en Santiago sabemos cal e o monte pedroso, o monte das antenas da television. Quen non subiu de cativo facendo unha excursión a el? quen non sabe que e a donde ian as parellas no coche? santiago non ten mar pero ten monte, o pedros, ainda que para ser exactos abria que decir que temos montes, dous pq xusto en frente do pedroso e o outro lado da cidade, o pe do rio sar temos o monte de viso, que non é tan alto pero ten unha vistas espectaculares da cidade de santiago e o seus arredores. indo hacia el o outro dia, parei a falar cun señor maior para preguntarlle si habia algunha pista ou camiño para subir a cima. Puxemonos a falar e contoume que de cativo subira moitas veces, e notei como se lle iluminaban os ollos como cando a un neno daslle un caramelo. Despois dixome que arriba habia unha mina, que non era tan grande coma o do jaias(o gaias da cidade da cultura) enton pregunteille si eran minas de auga coma as do pedroso, e contestoume que non, que eran minas feitas polos mouros.chama a atencion que en toda galicia as cousas sobrenaturais foron feitas polos mouros, pero non se refiren os arabes, senon a un pobo mais antiguo que habitaba estas terras(hai que precisar que cando din mouros refirense a xente negra)que suele habitar ainda hoxe en dia nos castros. que pasada!!!! perguntaslle a alguen como se chamaba o alcalde fai 30 anos e nos se lembra pero si lembran que fai moitos moitos anos aquí habitaban os mouros.........

No hay comentarios:

Publicar un comentario